Presentación do departamento

miércoles, 28 de abril de 2010

ORIENTACIÓNS SOBRE OS DEBERES

domingo, 14 de marzo de 2010

ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS/ OS DEBERES


OS DEBERES SON AS TAREFAS ESCOLARES QUE SE LEVAN PARA FACER NA CASA.
Poden ser:

EXERCICIOS ESCRITOS,
LECTURAS,
BUSCAR INFORMACIÓN,
REPASAR,
REMATAR ALGUNHA TAREFA,
MEMORIZAR ALGÚN CONTIDO,
ESTUDIAR TEMAS PARA ALGUNHA PROBA ORAL OU ESCRITA, ETC.

SON IMPORTANTES PORQUE:
serven para crear un hábito de estudo,
porque fomentan a autonomia e a responsabiliade,
a capacidade de aprender a aprender,
porque afianzan aprendizaxes...

NESTA TAREFA AS FAMILIAS TEÑEN UN PAPEL MOI IMPORTANTE. POR ESTA RAZÓN PRESENTAMOS A CONTINUACIÓN ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE COMO AXUDAR DENDE A CASA.

O máis importante é que lles facilitemos un espazo axeitado para facer as tarefas. Deben ter unha mesa e unha cadeira nun sitio tranquilo. Nunca debe ser no sofá ou en sitios onde teñan distraccións como xogos, tele, etc.

Temos que indicarlles un tempo no que deben poñerse a facer as tarefas. Farase segundo a organización de cada familia, pero procurando que sexa máis ou menos a mesma hora todos os días, e non nas últimas horas do día.

Debemos preguntarlles que teñen que facer, por onde van a empezar, se teñen todo o necesario, etc. Logo hai que deixarlles que o fagan coa menor intervención posible pola nosa parte, podemos aclararlles algunha dúbida, dar unha pequena indicación, supervisar o que se fai facendo, animalos a facelo ben, amosarlles que estamos contentos co que van aprendendo.

Se hai dificultades de aprendizaxe a axuda será un pouco máis necesaria , pero sempre máis na liña de animar e facerlles sentir que son capaces, nunca poñendo traballo extra, nin borrando ou arrancando follas. Podemos esixir que se faga ben, que se mellore o traballo, que se estude un pouco máis, pero sen converter a hora dos deberes nunha batalla.


Hai que ter claro que cos deberes queremos conseguir o hábito, o reforzo, a autonomía, a responsabilidade. As veces os deberes veñen ben feitos pero os alumnos non saben o que fixeron porque tiveron demasiada axuda.

Na organización dos tempos sí que temos que estar, o tempo de estudio e deberes dependerá do ritmo de traballo de cada quen, pero tampouco debemos deixar que adiquen toda unha tarde a estar diante dos libros sen rematar.

Aínda nos casos de alumnos moi lentos máis de hora e media non debería levar. En ningún caso na primaria se deben pasar as dúas horas. Se isto ocorre debe poñerse un límite, os deberes deben facerse antes de ese límite, A familia non debe estar pendente toda a tarde das tarefas que se poden facer nunha hora, para iso necesitamos que organicen o seu tempo libre.

É importante que na tarde fagan outras actividades: deportivas, musicais, que xoguen con amigos, ou coa familia, , lean, vexan a tele,vaian ao parque, colaboren en actividades da casa, etc.

En cada caso iremos vendo como responden ao cumprimento da responsabilidade que lles damos. Na medida na que son responsables irán obtendo cousas ( tempo para os amigos, tempo de parque, tempo de videoxogos, etc ) Se non é así teremos que ver as consecuencias como en calquera outra conduta.

Nalgúns casos e por as circunstancias familiares que sexan, acúdese a buscar axuda en profesores particulares, academias, etc. Debese neses casos evitar grupos numerosos, de idades moi distintas, e ter en conta de que a axuda ten que ir na liña de axudar a facer, nunca facer por eles. Pensemos que o estudio é algo individual , ninguén pode estudar por nós, pero sí supervisar que o facemos e sobre todo, animarnos a facelo.

Cando se vexa que existe unha dificultade moi grande para levar a cabo de forma razoable o que estamos dicindo, é moi probable que esteamos ante algún problema de aprendizaxe, de conduta ou emocional que sería bo falar co titor ou titora ou no departamento de orientación para tentar dar a cada caso a mellor resposta
.